Unha visita con ecos na nosa historia
Traxandaina: Os auténticos historiadores da nosa vestimenta
O pasado 2 de maio, os meus compañeiros de literatura universal e mais eu fomos visitar unha exposición sobre o traxe galego. Cando a nosa profesora Aúrea nos comentou esta actividade todos esperábamos unha exposición clásica sobre o traxe rexional galego, pero por sorte , sorpredeunos...
A rapaza que nos explicou a exposición comezou dicindo que a exposición se fixera con pezas orixinais que algunhas persoas encontraran nas súas propias casas, pezas que estaban gardadas en baules, ou incluso que prestaban o servizo de mantas ou trapos,pezas que non tiñan ningún valor adquirido. A rapaza tamén nos pediu porfavor que si atopábamos pezas nas nosas casas que non dubidásemos de lévala á exposición.
Tamén nos dixo que a outra metade da exposición a confeccionáranan eles mesmos no seu taller e estudiando cadros de esa época nos cales aparecían estos traxes.
Ben, os principais traxes proveñen de Castroverde, O Corgo, Baleira, Sarria, Castrpo Rivera de Lea ...etc , é dicir proveñen principalmente da chaira lucense.
Antes de comezar cunha pequena explicación, quero definir algunhos termos:
Vocabulario:
Picote: liño de carácter groso
Candil: tecido de liño
Gurullo:fío pequeno
Mantillón: peza especial coa que as rapazas e mulleres ían á igrexa.
Mostriles:peza similar ao mantillón
Lensa: peza que se pon por encima da saia , é típica de Lugo, os zocalos son sempre azuis e están cosidos á máquina.
Dengue: pano que cubría o peito da muller
Picotiño: lá pequena
Chaquetiña: chaqueta pequena que poñían os homes
Chaleque: é o chaleco que poñían os homes
Pano de namorar: pano que as rapazas lles regalaban aos seus mozos, a función principal era que nas festas sabían quen tiña moza e quen non.
Pano sedán: peza clave da exposición , actualmente non se fabrica, é un pano que recibe ese nome polo seu aspecto brillante e sedoso.
O nome desta exposición é ´´Traxe de garda das terras lucenses´´, os traxes que están expostos son principalmente de gala, isto é, son traxes que a xente vestía os días de festa ou feira, e sobretodo para domingar e ir á misa. Son traxes de aproximadamente entre 1885 e 1905.Coa II revolución industrial en 1850 ,apareceron novos tintes que cambiaron por completo o xeito de vestir. En 1910 tiveron lugar a aparición dos tintes de cores vivas , son os chamados ´´Tintes de botica.´´
Estos traxes tamén os vestiron persoas de alto liñaxe social coma a escritora Emilia Pardo Bazán -de orixe coruñés e autora da coñecida obra ´´Os pazos da Ulloa.´´
En resumo , se queredes vivir unha experiencia acolledora e totalmente benificiosa á par de dar un paseo pola historia da nosa cultura anímovos a pasarvos pola exposición Traxandaina (capela de Santa María, ronda da muralla, Lugo).
Ah! Casi me esquezo, se tedes pezas de traxes dos vosos familiares non dubidedes en levalas alí.
Música do vídeo: A serea e o mariñeiro - Xoel López
Datos de interese: https://es-es.facebook.com/traxandaina.traxe.tradicional/

Comentarios
Publicar un comentario