Arte ao cadrado ^2


Arte ao cadrado 

Crítica ao filme Criadas e señoras 

  Título: (the Help) Criadas e señoras 

  Ano: 2011

  Duración: 146 minutos

  País: Estados Unidos 

  Dirección: Tate Taylor 

  Guión: A novela de Kathryn Stockett 

  Reparto: Viola Davis, Octavia Spencer, Emma Stone e Jessica Chastain.

  Xénero: Drama sureño , racismo , anos 60

  Sipnosis: Skeeter ( Emma Stone) é unha rapaza sureña que regresa a Jacksonville co soño de ser escritora. Na súa cidade natal as cousas andan revoltas coa sublevación dos dereitos civís de Martin Luther King , polo que Skeeter decide entrevistar ás criadas do seu entorno , para ver a súa opinión sobre a súa situación.


   O filme está basado na novela da escritora estadounidense Kathryn Stockett, recibe o nome de The HELP , e foi unha novela moi demandada por xuíces en EEUU , xa que trata temas moi ´´delicados´´ como eles din. Porén creo , que tanto a novela como o filme, todo o mundo debería de velo ou lelo. Ofrece unha perspectiva totalmente diferente do que estamos acostumados a ver, conta dunha maneira tan abraiante a maneira na que vivían as criadas afroamericanas que consegue que o interiorices perfectamente
   Con respecto ao filme , non me defraudou en absoluto , o reparto é de categoría, e a  maneira na que o director xoga coas nosas mentes mediante os planos e os silencios que se producen nalgunhas secuencias é espectacular. Tamén creo que o director non só adaptou a novela , senón que adaptou a historia de Stockett e a da novela ,é dicir todos os prexuízos que despertou e feridas que volveu a abrir. Sen duida algunha , son dúas verdadeiras obras de arte que poden xogar coas nosa mentes.  

Portada do filme











Portada da novela











Comentarios